EDUCANDO NA NATUREZA


A granxa escola de Grixalba encóntrase na Casa do Queixo, complexo que conta tamén con albergue, restaurante, casa museo, piscina, invernadeiro, horta e alpendre: un lugar onde coñecelas costumes e tradicións do rural galego, dende os aparellos dos primeiros poboadores ata a maquinaria moderna; os vellos oficios, as receitas de cociña tradicionais, os contos e lendas.

En plena Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesa w Terras do Mandeo, moi cerca do seu nacimento e tamén da cima da Cova da Serpe, lugar de lendas. Este complexo foi inaugurado no ano 2001 como un intento de loitar contra a despoboación rural, rehabilitando una vella “Palleira” dunha familia de “Queixeiras” e  “Queixeiros” de toda la vida e así convertila na tradicional casa de comidas, tenda degustación; ao mesmo tempo, a familia decide rehabilitar tamén a antiga granxa de vacas leiteiras e construir un albergue xuvenil con tódalas comodidades. A Casa do Queixo é unha referencia de educación medioambiental onde se reciben visitas de centros de ensinanza de toda Galicia; é habitual nos campañas da Xunta de Galicia co campamento “Aldea Perdida”, sendo tamén escenario de producións audiovisuais galegas como “Terra de Miranda” ou “Criaturas”.

Ao igual que a horta e as fincas, co paso das estacións a Casa do Queixo pasa por distintas fases: temporada de visitas escolares na primaveira, campamentos no verán, cursos de tiempo libre, magostos no outonocelebramos un “Samaín” (Halloween) de medo pero tamén, hai quen se atreve a vir en pleno inverno xa que vale a pena cando ves todo este paisaxe cuberto de neve. Non nos olvidemos de que estamos moi cerca das cimas máis altas da provincia de A Coruña (A Cova da Serpe, Bocelo e Campelo).


AS NOSAS INSTALACIÓNS

Na Granxa Escuela Scolé dispoñemos de instalacións perfectamente preparadas para a elaboración dos obradoiros, tanto no exterior coma no interior, dispoñendo dun espazo cuberto altamente preparado para o desenvolvemento dos mesmos. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixamosvos o mapa máis divertido do noso lugar.